xoves, 25 de outubro de 2018

Tarkovski e a poesía visual

Adicado @s que foron a ver Cold War (nomeadamente a Teo, Nerea, Inés, que escribiron aquí sobre elo e ficaron abraiados pola beleza das súas imaxes)) e comprobedes cómo inflúen os grandes cinestas no cinema contemporáneo. Citamos de pasada en clase a fascinante capacidade do visionario cineasta ruso Andrei Tarkovsky para chegarnos ao corazón coa súa concepción poética do tempo,-incribel plano secuencia de "Sacrificio"-; un cine que no precisa das palabras, máis ben son imaxes non verbais de emocións. Traballar coas imaxes, é unha das principais tarefas do artista visual. Tarkovsky dixo: "un poeta é aquel que usa unha soa imaxe para expresar unha mensaxe universal". Nos seus sete filmes sempre deixa aberta a interpretación das súas imaxes para que os espectadores vivan por sí mesmos a revelación do significado, as veces mesmo a través da ambigüedade e sempre seguindo o instinto e non a lóxica. Exactamente ao contrario do cinema mainstrean ou dominante nas salas comerciais do planeta. Aquí tedes un video onde podedes ver moitas das súas marabillosas metáforas visuais. Copiade dos mestres¡¡¡¡. Ou poñede o seu nome en San Google para que vos percatedes de quén estamos a falar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario