Nestes días, estamos a comentar na clase o complicado que resultaba facer grandes planos secuencias nos tempos do cinema clásico (por iso son tan meritorios). En 1975, o operador de cámara Garret Brown, presentou un estabilizador de imaxe que recibiu o nome de Steadicam A partir de entón foi mais doado realizar este tipo de planos. No 40 aniversario da invención realizouse este video-homenaxe ao artiluxio que abriu a porta a marabillosos planos secuencias do cinema contemporáneo que podedes ver na presentación sobre o tema na pestaña "Materiais de clase". Lembrade que en Internet toparedes moitas ideas para construir estabilizadores caseiros.
The Art of Steadicam from Refocused Media on Vimeo.
Ay, que bos recordos...
ResponderEliminar(Ola, Manolo!)