O outro día vimos na clase o nexo entre a publicidade e o proceso de invención do cinema. Aquí deixo o spot
Cambio DSG, fluye. Let it flow from Josep Maria Basora on Vimeo.
Amosando publicacións coa etiqueta animacion b>. Amosar todas as publicacións

luns, 1 de abril de 2019
mércores, 19 de decembro de 2018
Cine de apropiacion
Como parece que a algúns/nhas moloulle o asunto do "cinema de apropiación", aí vos queda un vídeo para botar unhas gargalladas mentres tomades a decisión do camiño que ides tomar na práctica das vangardas...
Nesta páxina toparedes moitos mais videos similares.

venres, 30 de novembro de 2018
Expresionismo e Tim Burton
Como xa estamos a falar na clase das vangardas cinematográficas, nada mellor que comezar cun dos vosos directores favoritos, Tim Burton. Neste video fica patente a débeda co expresionismo alemán ao longo de toda a súa filmografía.: Metropolis (Fritz Lang), Nosferatu ou Fausto (F.W. Murnau) e o Caligari (Robert Wiene). De seguro que vai a gustarvos.
Do mesmo asunto abunda o video El Mundo Expresionista de Tim Burton
O voso admirado Tim Burton tiña 13 anos cando fixo a súa primeira curta "The Island of Doctor Agor" realizada cos seus amigos. Tim era un mozo afeccionado ao cinema, a pintura, e as pelis de monstruos. Mais a súa primeira curta, xa con moitas marcas do seu estilo persoal foi "Vincent" , en 1982 cando tiña 23 anos. Durante dous meses, Burton colaborou con animadores especializados en stop motion para producir esta peza de cinco minutos de duración, filmada en branco e negro, influenciado directamente polas películas alemanas dos anos 1920 (supoño que agora tedes mais doado identificar cales). Que vos preste...

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)