Hoxe sae unha reportaxe en "La voz de Galicia" sobre Lara e Noa Castro, dúas mozas que estan petando na creación audiovisual galega. Fai dous anos estaban sentadas nos mesmos pupitres nos que estades vos actualmente. Podedes ler a entrevista aquí .
E aquí as dúas pezas que realizaron para a Chanfainalab de San Sadurniño: O ollo cobizoso (2016)
E aquí "Pezas imposibles (2017)
Amosando publicacións coa etiqueta linguaxe audiovisual b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta linguaxe audiovisual b>. Amosar todas as publicacións
martes, 20 de novembro de 2018
venres, 16 de novembro de 2018
Elasticidade do cinema mudo
Como contamos en clase, a chegada do cine sonoro en 1927 paralizou por certo tempo a marabillosa elasticidade e dinamismo do cinema "mudo".(Lembrade a secuencia de "Cantando baixo a choiva". Tardaríase moito tempo en igualar este magnífico travelling de "Alas" ( William A. Wellman), primeira película que gañou un Oscar en 1927.
. Cómo faríades vos este plano?
. Cómo faríades vos este plano?
venres, 9 de novembro de 2018
A continuidade
Agora estades xa traballando no exercicio de continuidade, non ven demais lembrar conceptos básicos que debedes aplicar na vosa práctica. Aquí tedes un artigo para que lembredes. No artigo tedes ademais á vosa disposición unha longa clase maxistral sobre a importancia da continuidade.
E aquí un minitutorial impartido por un mozo youtuber sobre o asunto:
Ou este divertido skech de Josè Mota "Usted padece de problemas de raccord", onde explica con claridade e humor o que é o raccord E para rematar o clásico do "xenero": "Tía no te saltes el eje" de Kike Narcea
E aquí un minitutorial impartido por un mozo youtuber sobre o asunto:
Ou este divertido skech de Josè Mota "Usted padece de problemas de raccord", onde explica con claridade e humor o que é o raccord E para rematar o clásico do "xenero": "Tía no te saltes el eje" de Kike Narcea
mércores, 7 de novembro de 2018
O mago dos efectos especiais clásicos
Aludimos na clase ao traballo do grande técnico Emilio Ruiz del Río. Un dos grandes creadores de efectos especiais do cinema español -450 películas- como pintor, decorador ou maquetista e que ten participado en superproducións hollywodienses como "Conan", "Espartaco" "Dune", "Lawrence de Arabia" ou "El cid" entre outras.
Aquí tedes un fragmento do documental "El último truco" onde podemos apreciar a súa incrible destreza na técnica do cristal pintado (considerado como o mellor do mundo) .
E se vos molou o fragmento podedes ver o documental íntegro nesta ligazón.
Aquí tedes un fragmento do documental "El último truco" onde podemos apreciar a súa incrible destreza na técnica do cristal pintado (considerado como o mellor do mundo) .
E se vos molou o fragmento podedes ver o documental íntegro nesta ligazón.
xoves, 25 de outubro de 2018
Tarkovski e a poesía visual
Adicado @s que foron a ver Cold War (nomeadamente a Teo, Nerea, Inés, que escribiron aquí sobre elo e ficaron abraiados pola beleza das súas imaxes)) e comprobedes cómo inflúen os grandes cinestas no cinema contemporáneo. Citamos de pasada en clase a fascinante capacidade do visionario cineasta ruso Andrei Tarkovsky para chegarnos ao corazón coa súa concepción poética do tempo,-incribel plano secuencia de "Sacrificio"-; un cine que no precisa das palabras, máis ben son imaxes non verbais de emocións. Traballar coas imaxes, é unha das principais tarefas do artista visual. Tarkovsky dixo: "un poeta é aquel que usa unha soa imaxe para expresar unha mensaxe universal". Nos seus sete filmes sempre deixa aberta a interpretación das súas imaxes para que os espectadores vivan por sí mesmos a revelación do significado, as veces mesmo a través da ambigüedade e sempre seguindo o instinto e non a lóxica. Exactamente ao contrario do cinema mainstrean ou dominante nas salas comerciais do planeta. Aquí tedes un video onde podedes ver moitas das súas marabillosas metáforas visuais. Copiade dos mestres¡¡¡¡. Ou poñede o seu nome en San Google para que vos percatedes de quén estamos a falar.
xoves, 18 de outubro de 2018
Plano secuencia e steadicam
Nestes días, estamos a comentar na clase o complicado que resultaba facer grandes planos secuencias nos tempos do cinema clásico (por iso son tan meritorios). En 1975, o operador de cámara Garret Brown, presentou un estabilizador de imaxe que recibiu o nome de Steadicam A partir de entón foi mais doado realizar este tipo de planos. No 40 aniversario da invención realizouse este video-homenaxe ao artiluxio que abriu a porta a marabillosos planos secuencias do cinema contemporáneo que podedes ver na presentación sobre o tema na pestaña "Materiais de clase". Lembrade que en Internet toparedes moitas ideas para construir estabilizadores caseiros.
The Art of Steadicam from Refocused Media on Vimeo.
The Art of Steadicam from Refocused Media on Vimeo.
martes, 16 de outubro de 2018
Lenguaje cinematográfico
Existe una vasta variedad de tipos de plano que, conociendo sus recursos expresivos pueden ser de gran ayuda a la hora de enfatizar el relato una historia visualmente. He aquí un vídeo explicativo que nos puede ayudar a diferenciarlos.
luns, 15 de outubro de 2018
O curre dun plano secuencia
Este vídeo visualiza bastante ben o traballo que hai tras dun plano secuencia. Ë da serie de Tv
"Kidding", protagonizada por "Jim" Carrey e dirixida por Michel Gondry
"Kidding", protagonizada por "Jim" Carrey e dirixida por Michel Gondry
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)