venres, 30 de novembro de 2018

Expresionismo e Tim Burton

Como xa estamos a falar na clase das vangardas cinematográficas, nada mellor que comezar cun dos vosos directores favoritos, Tim Burton.  Neste video fica patente a débeda co expresionismo alemán ao longo de toda a súa filmografía.: Metropolis (Fritz Lang), Nosferatu ou Fausto  (F.W. Murnau) e o Caligari (Robert Wiene). De seguro que vai a gustarvos.



Do mesmo asunto abunda o video  El Mundo Expresionista de Tim Burton
O voso admirado Tim Burton tiña 13 anos cando fixo a súa primeira curta "The Island of Doctor Agor" realizada cos seus amigos. Tim era un mozo afeccionado ao cinema, a pintura, e as pelis de monstruos. Mais a súa primeira curta, xa con moitas marcas do seu estilo persoal foi "Vincent" , en 1982 cando tiña 23 anos. Durante dous meses, Burton colaborou con animadores especializados en stop motion para producir esta peza de cinco minutos de duración, filmada en branco e negro, influenciado directamente polas películas alemanas dos anos 1920 (supoño que agora tedes mais doado identificar cales). Que vos preste...

domingo, 25 de novembro de 2018

Los muppers lo petan al crear espacios sonoros

Para los que aún andan buscando inspiración divina para la creación de un espacio sonoro aquí tenéis una obra maestra.

365 PELÍCULAS.

Xa que o ano está a punto de rematar, deixo por aquí un traballo feito por un home que sigo en varias redes sociais, e do que disfruto moito lendo as súas críticas de cine. 
Este home, chamado Antonio, é moi coñecido sobre todo en Twitter, onde todos os días comenta películas, fai listas das millores de cada xénero, directores etc.
Trátase dun calendario no que se lle asigna a cada día unha película, desde os comenzos do cine ata a actualidade, entre elas "Truman´s Show" (1998), "Lawrence of Arabia" (1962) ou "Into the Wild" (2007).

xoves, 22 de novembro de 2018

Sobre Carlos de Hita e as paisaxes sonoras

Nestes días que estamos a falar de espazos sonoros, non  podo deixar de recomendarvos un dos profesionais españois do son que máis ten traballado polo rexistro das Paisaxes Sonoras. Aquí tedes a web de Carlos de Hita, ateigada de suxerencias de todo tipo, moitas delas absolutamente marabillosas. En realidade non sabería cómo escoller unha delas para recomendarvos. Podedes escoitar centos de exemplos de sons e non decidirvos por cal vos gusta máis. No ano 2006 foi nominado a un premio Emmy, na categoría de música e son, polas súas colaboracións con National Geographic. E nesta outra web, "El sonido de la naturaleza"  tedes infinidade de propostas sonoras para abrir aínda mais a vosa sensibilidade polo marabilloso e descoñecido traballo do son.

(Na fotografía, Carlos de Hita cun micrófono megadireccional)

Un exemplo da súa mestría é este vídeo titulado "A vuelapluma" onde podemos comprobar empíricamente cómo os nomes dos paxaros que escoitamos todos os días non son mais que onomatopeyas, a  transcripción do son característico de cada animal.


Ou este outro sobre As escalas dos ventos"

mércores, 21 de novembro de 2018

Do son á imaxe (moi recomendabel)

Música Doméstica é unha curta elaborada por Alfonso Merino, un estudante de comunicación audiovisual de Vigo. Foi o premio con Certame Olloboi no 2014. Con este traballo pensou en dar a volta á orde na que normalmente se “constrúen" as películas, e partir do son no canto de na imaxe. Alfonso aproveitou os seus coñecementos de música para “compoñer” un tema rítmico cos sons da casa na que vivía. Escolleu obxectos e gravounos mentres soaban, fixo unha pista de audio sen imaxes mesturando os distintos sons e por último engadiu as imaxes. Na maioría das películas a banda sonora (diálogos, música e efectos) traballa para complementar as imaxes: neste caso a banda sonora é a protagonista e as imaxes serven simplemente para que se poida identificar a fonte de cada son, e de paso amosar que se pode facer música con calquera cousa das que temos tod@s pola casa: papeleiras, portas, caixóns, etc…
Non deixedes de velo, que seguro vai a molarvos.
Música Doméstica from Olloboi on Vimeo.

martes, 20 de novembro de 2018

Lara e Noa

Hoxe sae unha reportaxe en "La voz de Galicia" sobre Lara e Noa Castro,  dúas mozas que estan petando na creación audiovisual galega. Fai dous anos estaban sentadas nos mesmos pupitres nos que estades vos actualmente. Podedes ler a entrevista aquí .
E aquí as dúas pezas que realizaron para a Chanfainalab de San Sadurniño: O ollo cobizoso (2016)


E aquí "Pezas imposibles (2017)



Very mucho interesante

luns, 19 de novembro de 2018

Hollywood en San Sadurniño

Como semella que vos mola o asunto da música no cinema, aí vai  "Madeira de Piñeiro e Nova Zelanda non quedaba tan lonxe",  unha divertida proposta de Brais Breijo, un mozo de San Sadurniño utilizando as paisaxes do seu pobo como soporte para  filmes e series de TV de Hollywood: Os filmes que "saen" son: "O señor dos aneis", "Xogo de Tronos"," Mulleres desesperadas", "Harry Potter", "Downton Abbey" e American Horror Story". Que vos preste.

domingo, 18 de novembro de 2018

Un anuncio que me ha tocado

Soy consciente de que no está relacionafo con el tema que estamos tratando el clase, pero creo que es necesario que veáis este anuncio de champú que han censurado, os lo dejo aquí:

Dejadme vuestras reacciones en los comentarios ☺️

venres, 16 de novembro de 2018

Elasticidade do cinema mudo

Como contamos en clase, a chegada do cine sonoro en 1927 paralizou por certo tempo a marabillosa elasticidade e dinamismo do cinema "mudo".(Lembrade a secuencia de "Cantando baixo a choiva". Tardaríase moito tempo en igualar este magnífico travelling de "Alas" ( William A. Wellman), primeira película que gañou un Oscar en 1927.
. Cómo faríades vos este plano?

Música doméstica


Música doméstica

martes, 13 de novembro de 2018

A cor do son

Descubre o incrible mundo sonoro do noso entorno que case non escoitamos: O ruido urbán, a música que nos segue a todas partes na publicidade, as tendas ou lugares públicos e a natureza. Neste documental se invita a descubrir os sons que nos acompañan permanentemente.
El color del sonido [2009] from Eduardo Carbonell (EvilSound) on Vimeo.

Chanfainalab

Como falamos en clase, a  Feira das industrias culturais Culturgal, é desde hai dez anos o principal escaparate de todo o que se move na creación do noso país. A música, as artes escénicas, o cinema e, en definitiva, o espectáculo, reúnese en Pontevedra no mes de decembro para presentar novas propostas, pero tamén para intercambiar coñecemento e mesmo darlle a oportunidade ao público de que premie os proxectos máis interesantes. Para a edición deste ano hai tres candidaturas: a Casa de Rosalía, a Rede Cultural da Deputación da Coruña e o Chanfaina ‘Lab, iniciativa realizada en San Sadurniño e na que participan sempre alumnos e alumnas do noso Instituto.  Estaría ben que votarades pola sua candidatura. Aquí está a ligazón para votar

domingo, 11 de novembro de 2018

A musica en "El Señor de los anillos"


Aquí os dejo  tres vídeos muy interesantes, de un canal llamado "Jaime Altozano", que explican la banda sonora de "El Señor de los Anillos" película por película, su complejidad, y como refleja los leitmotiv de los diferentes personajes.







venres, 9 de novembro de 2018

A continuidade

Agora estades xa traballando no exercicio de continuidade, non ven demais lembrar conceptos básicos que debedes aplicar na vosa práctica. Aquí tedes un artigo para que lembredes. No artigo tedes ademais á vosa disposición unha longa  clase maxistral sobre a importancia da continuidade.
E aquí un minitutorial  impartido por un  mozo youtuber sobre o asunto:

 Ou este divertido skech de Josè Mota "Usted padece de problemas de raccord", onde explica con claridade e humor o que é o raccord E para rematar o clásico do "xenero": "Tía no te saltes el eje" de Kike Narcea

mércores, 7 de novembro de 2018

O mago dos efectos especiais clásicos

Aludimos na clase ao traballo do grande técnico Emilio Ruiz del Río. Un dos grandes creadores de efectos especiais do cinema español -450 películas- como pintor, decorador ou maquetista e que ten participado en superproducións hollywodienses como "Conan", "Espartaco" "Dune", "Lawrence de Arabia"   ou "El cid" entre outras.
Aquí tedes un fragmento do documental "El último truco" onde podemos apreciar a súa incrible destreza na técnica do cristal pintado (considerado como o mellor do mundo) .
 
 
E se vos molou o fragmento podedes ver o documental íntegro nesta ligazón.

sábado, 3 de novembro de 2018

ROSALIA

Hola! Imagino que todos (o casi todos) conocéis a Rosalía. A mí, especialmente, es una artista que me encanta y últimamente su música es lo que más escucho. Bueno, pues escribía esto para dejaros aquí su último videoclip, "DI MI NOMBRE", porque además de que el tema me encanta, el clip es un plano secuencia que me parece brutal. Os voy a dejar además una entrevista sobre su nuevo álbum "EL MAL QUERER", y os recomiendo un montón que atendáis a su significado... Espero que os guste tanto como a mí <3