Amosando publicacións coa etiqueta son. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta son. Amosar todas as publicacións

xoves, 22 de novembro de 2018

Sobre Carlos de Hita e as paisaxes sonoras

Nestes días que estamos a falar de espazos sonoros, non  podo deixar de recomendarvos un dos profesionais españois do son que máis ten traballado polo rexistro das Paisaxes Sonoras. Aquí tedes a web de Carlos de Hita, ateigada de suxerencias de todo tipo, moitas delas absolutamente marabillosas. En realidade non sabería cómo escoller unha delas para recomendarvos. Podedes escoitar centos de exemplos de sons e non decidirvos por cal vos gusta máis. No ano 2006 foi nominado a un premio Emmy, na categoría de música e son, polas súas colaboracións con National Geographic. E nesta outra web, "El sonido de la naturaleza"  tedes infinidade de propostas sonoras para abrir aínda mais a vosa sensibilidade polo marabilloso e descoñecido traballo do son.

(Na fotografía, Carlos de Hita cun micrófono megadireccional)

Un exemplo da súa mestría é este vídeo titulado "A vuelapluma" onde podemos comprobar empíricamente cómo os nomes dos paxaros que escoitamos todos os días non son mais que onomatopeyas, a  transcripción do son característico de cada animal.


Ou este outro sobre As escalas dos ventos"

mércores, 21 de novembro de 2018

Do son á imaxe (moi recomendabel)

Música Doméstica é unha curta elaborada por Alfonso Merino, un estudante de comunicación audiovisual de Vigo. Foi o premio con Certame Olloboi no 2014. Con este traballo pensou en dar a volta á orde na que normalmente se “constrúen" as películas, e partir do son no canto de na imaxe. Alfonso aproveitou os seus coñecementos de música para “compoñer” un tema rítmico cos sons da casa na que vivía. Escolleu obxectos e gravounos mentres soaban, fixo unha pista de audio sen imaxes mesturando os distintos sons e por último engadiu as imaxes. Na maioría das películas a banda sonora (diálogos, música e efectos) traballa para complementar as imaxes: neste caso a banda sonora é a protagonista e as imaxes serven simplemente para que se poida identificar a fonte de cada son, e de paso amosar que se pode facer música con calquera cousa das que temos tod@s pola casa: papeleiras, portas, caixóns, etc…
Non deixedes de velo, que seguro vai a molarvos.
Música Doméstica from Olloboi on Vimeo.

luns, 19 de novembro de 2018

Hollywood en San Sadurniño

Como semella que vos mola o asunto da música no cinema, aí vai  "Madeira de Piñeiro e Nova Zelanda non quedaba tan lonxe",  unha divertida proposta de Brais Breijo, un mozo de San Sadurniño utilizando as paisaxes do seu pobo como soporte para  filmes e series de TV de Hollywood: Os filmes que "saen" son: "O señor dos aneis", "Xogo de Tronos"," Mulleres desesperadas", "Harry Potter", "Downton Abbey" e American Horror Story". Que vos preste.

venres, 16 de novembro de 2018

Elasticidade do cinema mudo

Como contamos en clase, a chegada do cine sonoro en 1927 paralizou por certo tempo a marabillosa elasticidade e dinamismo do cinema "mudo".(Lembrade a secuencia de "Cantando baixo a choiva". Tardaríase moito tempo en igualar este magnífico travelling de "Alas" ( William A. Wellman), primeira película que gañou un Oscar en 1927.
. Cómo faríades vos este plano?

Música doméstica


Música doméstica

martes, 13 de novembro de 2018

A cor do son

Descubre o incrible mundo sonoro do noso entorno que case non escoitamos: O ruido urbán, a música que nos segue a todas partes na publicidade, as tendas ou lugares públicos e a natureza. Neste documental se invita a descubrir os sons que nos acompañan permanentemente.
El color del sonido [2009] from Eduardo Carbonell (EvilSound) on Vimeo.

domingo, 11 de novembro de 2018

A musica en "El Señor de los anillos"


Aquí os dejo  tres vídeos muy interesantes, de un canal llamado "Jaime Altozano", que explican la banda sonora de "El Señor de los Anillos" película por película, su complejidad, y como refleja los leitmotiv de los diferentes personajes.