Amosando publicacións coa etiqueta Vangardas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Vangardas. Amosar todas as publicacións

luns, 1 de abril de 2019

Ata sempre Agnès Varda ¡¡¡

Tod@s coñecedes a miña teima pola mítica cineasta Agnès Varda, a quen lle adicamos ata un tema completo durante o curso e deixei algúns dos seus filmes no ordenador de clase.  Era unha moza de tan só 90 anos. Nesta fin de semán todos os xornais do mundo fixéronse eco do seu pasamento.
Aquí deixo un dos infinitos enlaces que andan pola rede sobre a súa influencia
Vaia tamén a lembranza deste profesor que a admiraba moi profundamente. Estou seguro de que como no caso dos bos viños, as súas pelis mesmo mellorarán co tempo. Na fotografía, agasallos de flores que os parisinos deixaron diante da súa casa a xeito de homenaxe.

mércores, 13 de marzo de 2019

Publicidade e vangarda

A publicidade e o cinema experimental levan moitos anos da man. Aquí tedes algúns exemplos de spots de case 100 anos de idade realizados por Walter Ruttmann en  Alemania para as rodas Excelsior en 1921


Ou tamén Der Aufstieg,  a promo dunha feira en Düsseldorf. br />
E como ides ir ao pais Vasco nesta semán, aí vai unha recomendación



 E aqui tedes os mellores anuncios do ano 2017 segundo a crítica especializada do Festival de Publicidade El sol.

xoves, 21 de febreiro de 2019

Mellores spots dirixidos por directores de cine

Son moitos os grandes directores de cine que realizaron e siguen a realizar spots publicitarios. Xa o pioneiro Georges Méliès, facía insercións publicitarias mediante a utilización dun simple cartón onde se debuxaba ou escribía o nome do produto. O gran director de cine sueco Ingmar Bergman en 1951 anunciaba xabrón para Unilever.



Víctor Erice o facía con Nescafé

o iconoclasta Godard

 Mais tamén David Fincher, Michael Mann,Jean-Pierre Jeunet, David Lynch, Wim Wenders, John Woo, M. Night Shyamalan, Ridley Scott, Sofia Coppola,Martin Scorsese, Darren Aronofsky, Roman Polanski,Wes Anderson, Álex de la Iglesia, Alejandro Amenábar, Icíar Bollaín, Juan Antonio Bayona etc etc.
Tes todos estes spots a golpe de clic aquí: mellores spots publicitarios dirixidos por un director de cine

mércores, 23 de xaneiro de 2019

mércores, 19 de decembro de 2018

Cine de apropiacion

Como parece que a algúns/nhas moloulle o asunto do "cinema de apropiación", aí vos queda un vídeo para botar unhas gargalladas mentres tomades a decisión do camiño que ides tomar na práctica das vangardas...



Nesta páxina toparedes moitos mais videos similares.

mércores, 12 de decembro de 2018

Cine y danza en el mismo terreno

Hoy descubrí gracias a Instagram a una cineasta gallega que me gustaría que conocieseis, Lucía Estévez (https://luciaestevez.net/cv), viguesa del 94 que estudia un grado de Comunicación Audiovisual y que trabajó como script y auxiliar de cámara. Cuenta ya con un número de piezas con las que algunas de ellas, además, recibió reconocimientos, como puede ser el primer premio en el concurso #AFumeDeCarozo con su pieza Siro. A parte de hacer cortometrajes de ficción, realizó piezas nombradas como "videodanza". En ellas, como está claro, utiliza como sujeto e intérpretes a bailarines a través de los cuales nos cuenta una historia o transmite sensaciones con una forma y sensibilidad increíbles. Os dejo para que lo comprobéis por vosotros mismos el trailer de Tempo en loita, "un cortometraje dividido en cinco cuadros que trabajan en común sobre las relaciones personales entre amigos y familiares que se reencuentran después de un tiempo sin verse. El resultado es fruto de la unión del trabajo de profesionales de diferentes ramas, que trabajaron durante dos días por construir, en base al trabajo colectivo, una historia de las luchas personales." y una pieza completa, Change that tune. 
Y solo para completar esta aportación de Miriam, Lucia Estevez fue participante en la última Chanfainalab en San Sadurniño (estrena su pieza Arrolo" el 9 de febrero deo 2019). Y aquí teneis una entrevista completa con ella. "Lucia estevez a nova cineasta da que todos falan este ano"

martes, 11 de decembro de 2018

Abstracción e publicidade

Walter Ruttmann naceu en Alemania; estudou arquitectura e pintura; traballou como deseñador gráfico. A súa carreira cinematográfica comezou hai cen anos realizando curtametraxes abstractos.  Ruttmann agrandou a linguaxe do cinema con novas técnicas formais. Foi ademais pioneiro na elaboración de spots publicitarios para as rodas Excelsior en 1921


Ou tamén Der Aufstieg,  a promo dunha feira en Düsseldorf.

sábado, 8 de decembro de 2018

10 películas surrealistas

Aquí tedes dez exemplos de filmes surrealistas ? para que vos inspiredes. Está realizada por un you tuber peruano. Algunha non corresponde exactamente co que falamos en clase, e mesmo son filmes mais ben horrendos; Están aí para a vosa inspiración e debate. O que sí é relevante e mirar os filmes recomendados nos apuntes do tema que xa están colgados na pestaña Materiais de clase. Podedes incorporar novos títulos e propostas ao voso gusto.  

martes, 4 de decembro de 2018

Expresionismo e cine negro

Unha boa parte dos técnicos, artistas e directores do cinema expresionista alemán tiveron que emigrar do seu pais co trunfo de Hitler e o nazismo a partires de 1933. O pais escollido foi EEUU e Hollywood o seu lugar de traballo. Moitas das técnicas e invenciones narrativas do gran cine alemán integráronse no sistema de representación (mainstream) de Hollywood, nomeadamente nalgúns dos seus xéneros cinematográficos como o cinema negro ou thriller. Nestes catro clips breves producidos pola plataforma Filmin, poderedes comprobalo coa comparativa de "M, el vampiro de Dusseldorf" (1931) e "Mientras Nueva York duerme" (1956) de Fritz Lang, .
CÁPSULA #16 - Del expresionismo alemán al cine negro I from Ariel Fernández Verba on Vimeo.

"El último" (F.W.Murnau, 1924) e "La senda tenebrosa" (Delmer Davis, 1947)
CÁPSULA #17 - Del expresionismo alemán al cine negro II from Ariel Fernández Verba on Vimeo.

El gabinete del Doctor Caligari" (Robert Wiene, 1919) e "La dama de Shanghái" (Orson Welles, 1947)
CÁPSULA #18 - Del expresionismo alemán al cine negro III from Ariel Fernández Verba on Vimeo.


"Metrópolis" (Fritz Lang, 1927) e "La ciudad desnuda" (Jules Dassin, 1948)
CÁPSULA #19 - Del expresionismo alemán al cine negro IV from Ariel Fernández Verba on Vimeo.

luns, 3 de decembro de 2018


Bob Esponja, Nosferatu y el Expresionismo alemán.

Antes que nada, QDEP el señor Stephen Hillenburg, animador, productor, biólogo y creador de Bob Esponja, serie de dibujos animados que ha pasado a la eternidad por su humor tan característico.
Ya que estamos hablando de las vanguardias cinematográficas y del expresionismo alemán en clase, aprovecho para compartir con vosotros este pequeño fragmento del episodio "Turno de Noche" o "El Picador Criminal Mutilador" el cual contiene una pequeña referencia a Nosferatu.



Este chiste, como es de esperar, aún hoy lo entendí, pues como el Expresionismo juega, por así decirlo, con "las luces" y Nosferatu: Una Sinfonía del Horror es parte del Expresionismo... El chiste ya se cuenta solo.

venres, 30 de novembro de 2018

Expresionismo e Tim Burton

Como xa estamos a falar na clase das vangardas cinematográficas, nada mellor que comezar cun dos vosos directores favoritos, Tim Burton.  Neste video fica patente a débeda co expresionismo alemán ao longo de toda a súa filmografía.: Metropolis (Fritz Lang), Nosferatu ou Fausto  (F.W. Murnau) e o Caligari (Robert Wiene). De seguro que vai a gustarvos.



Do mesmo asunto abunda o video  El Mundo Expresionista de Tim Burton
O voso admirado Tim Burton tiña 13 anos cando fixo a súa primeira curta "The Island of Doctor Agor" realizada cos seus amigos. Tim era un mozo afeccionado ao cinema, a pintura, e as pelis de monstruos. Mais a súa primeira curta, xa con moitas marcas do seu estilo persoal foi "Vincent" , en 1982 cando tiña 23 anos. Durante dous meses, Burton colaborou con animadores especializados en stop motion para producir esta peza de cinco minutos de duración, filmada en branco e negro, influenciado directamente polas películas alemanas dos anos 1920 (supoño que agora tedes mais doado identificar cales). Que vos preste...