Amosando publicacións coa etiqueta documental. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta documental. Amosar todas as publicacións

luns, 1 de abril de 2019

Ata sempre Agnès Varda ¡¡¡

Tod@s coñecedes a miña teima pola mítica cineasta Agnès Varda, a quen lle adicamos ata un tema completo durante o curso e deixei algúns dos seus filmes no ordenador de clase.  Era unha moza de tan só 90 anos. Nesta fin de semán todos os xornais do mundo fixéronse eco do seu pasamento.
Aquí deixo un dos infinitos enlaces que andan pola rede sobre a súa influencia
Vaia tamén a lembranza deste profesor que a admiraba moi profundamente. Estou seguro de que como no caso dos bos viños, as súas pelis mesmo mellorarán co tempo. Na fotografía, agasallos de flores que os parisinos deixaron diante da súa casa a xeito de homenaxe.

mércores, 6 de febreiro de 2019

"Trinta lumes" no Duplex

Esta semana estréase en España unha película galega -desas que algúns considerades "raritas"-, mais que ten percorrido un bo feixe de festivais internacionais por todo o mundo. Trátase de "Trinta lumes" da grandísima cineasta Diana Toucedo, montadora, directora e docente cinematográfica na prestixiosa ESCAC.
Na miña opinión unha viaxe fascinante no espazo máis telúrico e auténtico de Galicia. Seis anos da súa vida ata chegar aquí. Comprobade si a paciencia, perseverancia e respeto pola paisaxe ou a humanidade que agroman nesta fermosísima longametraxe chegan ao voso corazón. No Duplex dende o día 15.









Para saber máis:
A cuarta parede
Praza pública
Fotogramas
Manolo Rivas


xoves, 17 de xaneiro de 2019

A polos documentais ¡

A estas alturas deberíades estar tod@s matinando sobre os vosos documentais ou filmes de non ficción. Xa está subida a presentación na Pestaña "Materiais de clase", onde tedes a vosa disposición enlaces as grandes obras mestras do cinema documental ao longo do tempo.  
Para completar o xa explicado nestes días recoméndovos que vexades os exemplos que corroboran o que tantas veces falamos en clase sobre o xénero de non ficción: o acto de creación mais libre que se pode facer no cinema.
E para facer boca, aquí tedes dous clásicos. O primeiro é "Toda a memoria do mundo" Ese é o título dun sinxelo, mais marabilloso documental dirixido en 1956 polo gran cineasta francés Alain Resnais. Nel faremos un percorrido por unha biblioteca, a Biblioteca Nacional Francesa, mais tamén están presentes a cultura, a memoria, o pasado, e ata a felicidade. A cámara hiperactiva do director contou coa colaboración de xente que xa ides coñecendo polo que falamos en clase como Agnès Varda ou Chris Marker. Encántame o título:"Toda a memoria do mundo"


toda la memoria del mundo from kid limbo on Vimeo.
E de segundo prato unha marabilla made in Galicia. Un dos documentais mais relevantes do cinema galego de todos os tempos. Gostaríame que falárades en clase  sobre esta biografía do carro. Aí vai.. sen mais comentarios. Unha viaxe polo tempo.
9173 - O Carro e o home from Editorial Teide on Vimeo.