martes, 13 de novembro de 2018

Chanfainalab

Como falamos en clase, a  Feira das industrias culturais Culturgal, é desde hai dez anos o principal escaparate de todo o que se move na creación do noso país. A música, as artes escénicas, o cinema e, en definitiva, o espectáculo, reúnese en Pontevedra no mes de decembro para presentar novas propostas, pero tamén para intercambiar coñecemento e mesmo darlle a oportunidade ao público de que premie os proxectos máis interesantes. Para a edición deste ano hai tres candidaturas: a Casa de Rosalía, a Rede Cultural da Deputación da Coruña e o Chanfaina ‘Lab, iniciativa realizada en San Sadurniño e na que participan sempre alumnos e alumnas do noso Instituto.  Estaría ben que votarades pola sua candidatura. Aquí está a ligazón para votar

Ningún comentario:

Publicar un comentario