sábado, 20 de outubro de 2018

Ataque Escampe en plano secuencia

Ataque Escampe e un grupo galego de musica "Indie" nacido xa no 2002, mais que ten moitos seguidores, moi especialmente polas súas letras cáusticas, literarias e moi retranqueiras que -polo menos a min- sempre me dan un puf na cabeza. E un dos clásicos grupos que tedes que escoitar varias veces as súas pezas para pillarlle o punto e logo quizais comecedes a querelos. Hai pouco que presentaron o seu novo videoclip ‘E eu que chorei con Ghost’, gravado nun único plano secuencia .  Aí vai... e,,,, buscade na rede as súas cancións que pagan a pena polo orixinais que son, eso que é tan dificil de acadar na arte..

1 comentario: